Responder na nosa Facultade de Filoloxía e Tradución a unha necesidade de investigación con evidente repercusión científica na actualidade: a Lingüística experimental e, máis concretamente, a Fonética e Fonoloxía experimentais.

Acoller un grupo de investigadoras/es estable en Lingüística experimental, concretamente en Fonética e Fonoloxía experimentais.

Conservar arquivadas e localizadas as mostras da investigación, garantindo os dereitos recoñecidos na Lei de Protección de Datos, na Lei de Transparencia e nos códigos éticos de investigación experimental.

Establecer redes de investigación interdisciplinaria con laboratorios doutras universidades galegas, españolas e estranxeiras.

Levar a cabo con garantías científicas experimentos no eido da Psicolingüística e a Lingüística experimental.

No ámbito docente, mellorara formación do alumnado egresadodos graos en Linguas estranxeiras, Ciencias da Linguaxe e Tradución e Interpretación, así como dos mestrados e programas de doutoramento de carácter científico, nas novas técnicas de investigación e análise en Lingüística experimental.