O Laboratorio de Fonética e Fonoloxía Experimentais da Facultade de Filoloxía e Tradución pretende ser un laboratorio de I+D+I con capacidade para a docencia no eido da análise da voz. Este ámbito es de especial relevancia no ambiente científico actual da filoloxía.

Neste sentido pretende establecer unha rede interdisciplinaria con persoas de áreas diferentes ás filolóxicas procedentes da Física, as Telecomunicacións, a Educación, a Musicoloxía e a Estatística, entre outras. Esta interdisciplinariedade suporá un gran número de posibilidades de investigación dentro e fóra do ámbito da Lingüística: estudo das variedades dialectais e sociolingüísticas das linguas, ortofonía, adquisición e ensino de linguas, aplicacións á medicina (lingüística clínica, neurociencia) e á psicoloxía(tratamento dos trastornos da linguaxe), á investigación xudicial (fonética forense), a enxeñaría (tecnoloxías da fala), a música e a musicoloxía (técnica vocal, estudos de  text-setting), o traballo actoral (dobraxe), etc.

Por outro lado, servirá de arquivo de textos orais. Neste momento, incorpóranse ao laboratorio bo número de mostras de fala de laboratorio, semiespontánea e libre, procedente da investigación das/osmembros impulsores, que abrangue o galego, o español de Galicia, de España e de América, e o inglés nas súas variantes estándares e non estándares.

Ademais, o laboratorio fomentará o intercambio científico de investigadoras/esde diversas procedencias (convidadas/os e tamén aquelas/esque realicen estadías de investigación) coas suficientes garantías para que poidan realizar o seu traballo.